O domingo 8 de novembro celebrouse a I Festa do Muiño dos Matos, na parroquia de Chan de Brito, organizada pola Asociación Cultural "Chandebrito 1807" na que, ademáis de varios artesáns, participou Horta do Val, entre outros colaboradores.
Despois de permanecer abandonado dende o ano 1973, volveu funcionar o muiño dos Matos, no que ademáis de moer millo durante este dia especial, amenizado pola música dun grupo de gaitas vigués, realizouse unha exposición de fotografías antigas relacionadas cos cereais cultivados na zona, de utensilios empregados con estes traballos, de pezas do muiño e de variedades locais de millo.
Créase no 2009, baseado nunha agricultura sustentable, ecolóxica e local (só se distribúe pola comarca), reducimos e reutilizamos todo o posible, respetando o medio ambiente. Cultivamos uns 3.500 m2 de terra entre Vilaza(Gondomar) e Chandebrito (Nígrán): hortalizas, verduras, cereais e froita, que se distribuén os mércores (previo pedido que se pode realizar ata o dia anterior). Contacto:628923411 / hortadoval@gmail.com
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario