Na primavera deste ano realizamos novos cultivos nas nosas terras do Campiño, en Chan de Brito, lugar no que tradicionalmente se sementaba millo, transformando así estes labradíos -cun total de aproximadamente 800 m2- nunha horta que contén variedade de vexetais de interese, dotada hai poucos anos dun pozo de auga, constituíndo deste xeito un espazo de biodiversidade que contrarresta os efectos dos monocultivos.
Créase no 2009, baseado nunha agricultura sustentable, ecolóxica e local (só se distribúe pola comarca), reducimos e reutilizamos todo o posible, respetando o medio ambiente. Cultivamos uns 3.500 m2 de terra entre Vilaza(Gondomar) e Chandebrito (Nígrán): hortalizas, verduras, cereais e froita, que se distribuén os mércores (previo pedido que se pode realizar ata o dia anterior). Contacto:628923411 / hortadoval@gmail.com