jueves, 4 de mayo de 2017

Participación no Encontro de consumo responsable de Gondomar

Como xa é costume dende principios deste ano 2017 e durante as mañás do 2º e o 4º sábado de cada mes; o vindeiro sábado dia 13 de maio, en horario de 10.00 a 14.00 h. participaremos no Encontro de consumo responsable de Gondomar, organizado pola Asociación "O Toxo" coa colaboración da concellería de Comercio do Concello de Gondomar. Ás 12.30 contaremos coa actuación do Coro tradicional "Cantares do Brión" de Vincios.


Participación no programa "Ti verás" da TVG

O dia 20 de abril de 2017 participamos no programa "Ti verás", da TVG. Podédelo ver na internet, accedendo a través deste enlace:

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/ti-veras-89 

Ti verás tvg bilaketarekin bat datozen irudiak

lunes, 2 de enero de 2017

Patacas resistindo as xeadas deste inverno

Rematando o ano 2016 e as patacas do lugar do Soeido resistindo as xeadas como poden...


Leira descansando con centeo

Unha das nosas leiras na parroquia, o ano pasado cultivada con grelo e pataca, agora descansa con centeo...


Apañando toxo no monte de Chan de Brito

A mellor cama para o noso mimado gando, un carro de toxo e fento, apañado no mes de decembro nos montes de Chan de Brito.