Ecoactualidade

Loading...

lunes, 27 de agosto de 2012


PRINCIPIOS BÁSICOS DE HORTA DO VAL

Horta do Val traballa pola soberanía alimentaria, defendendo o dereito a unha alimentación saudable a través dunha produción local no Val Miñor, agroecolóxica e distribuida en canais curtos de comercialización directamente aos consumidores e consumidoras.

Entendemos que é necesario, e así o desexamos, que existan máis produtores que sigan este modelo, sustentable economica, social e medioambientalmente.

Pola soberanía alimentaria, polas labregas e labregos, polo medio ambiente, por ti, por todas, por todos.


SECCIÓNS:

  • DONDE ESTAMOS?: No lugar da de Per Costas, Camiño das Laxes núm. 13 – Chandebrito (Nigrán – Val Miñor, Galiza)

  • PRODUTOS:
    • Cereais e fariñas
      • millo (de produción propia)
      • trigo
      • espelta
      • centeo (de produción propia)
      • arroz
      • linaza
  • Legumes: xudía, garbanzo, lentella, feixón, soia, ervilla ...
  • Hortalizas e verduras: pataca, cenoria, remolacha, cebola, allo, tomate, pemento, cabaza, cabaciño, cogombro, leituga, verza, repolo ...
  • Froitas verdes: mazá, laranxa, mandarina, limón, lima, aguacate, pomelo, cereixa, kiwi, ameixa, pera, pexego ...
  • Froitos secos: noz, castaña, avelá, améndoa, figo
  • Plantas aromáticas: loureiro, romeu, herba luisa, menta, melisa...
  • Elaborados propios: galleta de améndoa, marmeladas, marmelo, confituras, salsa de tomate, pisto, pementos en conserva ...
  • Outros: aceites, vinagre das nosas mazás e uvas, mel, azucre, ovos das nosas galiñas ...

  • SABÍAS QUE...?:
    • Os nosos principios básicos son: agroecoloxía (non uso de pesticidas en ningunha das fases, nin aditivos, nin OMG); produción local (todo o que sexa posible cultívase no Val Miñor e o resto dos produtos proceden de lugares cercanos (As Neves, O Bierzo, Albacete, Valladolid, Norte de Portugal...); a redución do consumo, a reutilización de envases, o reciclaxe. Para acadar a maior calidade nos nosos produtos, tentamos que sexan cultivados o máis preto posible do consumidor final.
    • Os sistemas de cultivo que usamos son: rotación de cultivos; asociaciacións simbióticas; bancais con materia orgánica, etc.

  • AS NOSAS TERRAS E ANIMAIS:
    • As nosas hortas: En Chandebrito contamos cunha superficie total de 3.500 m2 aproximadamente (dos cales, a metade contan con cereais, outros 200 m2 son cultivos moi variados baixo invernadoiro e os restantes son prantacións de todo tipo ao aire libre: distribúense entre os lugares denominados A de Percostas, Soeido, Campiño, A de Rorís, Cova de Pías. En Vilaza: A Pousa, con 500 m2 cultivados (a metade en invernadoiro).
    • Os nosos montes: Xestionados de xeito sustentable, coa eliminación progresiva para leña, sen uso de produtos químicos de especies perxudiciais para o medio (acacia, eucalipto, etc.) e a prantación de frondosas: nogueiras, castiñeiros e carballos, algúns destes micorrizados; todo elo coa finalidade de obter froitos secos e cogomelos, para comelos directamente ou para preparación de elaborados e na alimentación animal, pero tamén para aportar o noso gran de area na eliminación dunha maior cantidade de CO2 que perxudica a atmósfera, contrarrestar o empobrecemento do solo, atraer choivas e combater os lumes forestais, entre outros beneficios.
    • As nosas froiteiras: Cunha prantación recente, próxima a 1.000 m2, de maceiras, laranxeiras, pexegueiros, etc., agardamos en poucos anos dispoñer da cantidade suficiente destas froitas para abastecer a demanda local.
    • Os nosos animais: Basicamente gando ovino e avícola, criado en liberdade e alimentado exclusivamente con produtos biolóxicos, variados e dun xeito equilibrado, obtendo así carnes e ovos da máxima calidade, salubridade e sabor. As nosas galiñas e polos comen millo ecolóxico non modificado xeneticamente e diariamente diversos produtos da nosa horta (verduras, hortalizas, etc.) saíndo cada dia ao campo. As nosas ovellas saen ao monte practicamente tódolos dias e complementan a súa alimentación coa herba dos nosos prados, así como con parte dos nosos cultivos orgánicos (millo, patacas, etc.)

  • CONTACTOTlf.: 628923411. Dirección correo electrónico: hortadoval@gmail.com Páxina en internet: www.hortadovalminor.blogspot.com  

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada