Haberá
stands promocionais de novos productos eco e mesa informativa sobre
nutrición, remedios naturais, como cultivar en ecoloxico, control de
pragas bioloxico, etc.
Tamén
se realizarán numerosos sorteos e cestas ecolóxicas para todos os
asistentes, ademáis de postos de bebidas, comida bio, posto de porco
celta Ecolóxico á grella de A Rocha de Padrons (Ponteareas), exhibición
de Oficios tradicionais, coiro, pedra, barros, cesteria e venta de
artesanía, cremas naturais, bocatas bio, Licores caseiros, productos da
horta, cultivo de cogumelos, postos de mel, Reposteria integral, Mesas
informativas sobre enerxías renovables, banca ética, consumo responsable
de Cooperativa Árbore e Pontesolidaria de Ponteareas para recollida de
alimentos e máis postos, etc.
O
Feirón é todo o dia. Ao mediodía farase o primeiro sorteo especial de 4
racións de porco celta e pola tarde haberá actividades, charlas e máis
sorteos con lotes e cestas importantes de productos de cosmética
natural, alimentos da huerta, ferramentas do campo, etc. Máis de 8
sorteos diferentes a elexir polos agraciados.
Máis información nos teléfonos núm. 986.64.96.78 e 655.14.65.05 (Carlos).